31/07/09

Acción Global contra ETA

O betanceiro Nacho de la Fuente inicia dende o seu popular blog La Huella Digital un chamamento á blogosfera para instar aos blogueiros a participar nunha Acción Global contra ETA, a banda terrorista que leva 50 anos actuando en España e que suma máis de 820 vítimas mortais.

O sistema de participación proposto é moi sinxelo, e consistiría en escribir unha entrada única, sen palabras e sen imaxes na que se dixese unicamente «NO A ETA» no seu título, entendéndose como unha entrada en silencio para reflectir o rexeitamento á violencia terrorista e como sinal de respecto ás súas vítimas.

Tamén pide a adhesión ao grupo de Facebook baixo o título ETA, DÉJANOS EN PAZ que xa supera o cento de membros.

Código Cero

30/07/09

Viñetas desde o Atlántico

A edición número 12 de Viñetas desde o Atlántico, o salón internacional de banda deseñada da Coruña, estará dedicado este ano ao comic book estadounidense. O evento, que terá lugar do 10 ao 16 de agosto, tamén contará coa presenza de autores como Vittorio Giardino, André Juillard ou Posy Simmonds.

O programa deste ano complétase con Pasqual Ferry; José Fonollosa, que amosará os orixinais da súa obra A viaxe de Darwin no Aquarium, e Enrique Vegas. En representación da ilustración galega participarán a arousá Emma Ríos e o vigués Álex Cal, que triunfan no mercado estadounidense.

Desta vez asistirá Paco Roca, autor de Arrugas, que o ano pasado non puido acudir á súa cita na Coruña, cando se expuxeron os orixinais do seu álbum.

O blog oficial do encontro inclúe as biografías dos autores convidados e a localización das diferentes exposicións.

Vieiros

29/07/09

Polaquia e Barsowia

Tras os números de anos anteriores adicados a Miguel Robledo e Roque Romero, agora tócalle quenda a Javier Olivares. O madrileño é o autor do Sketchbook, nº3 que Polaqia publicará para o festival de banda deseñada da Coruña. Xunto a este caderno de debuxos de 48 páxinas, o 10 de agosto a asociación galega tamén estreará o Barsowia nº14, con capa de Sergio Covelo. Aos autores que xa viñan colaborando súmanse novas fichaxes como o neozelandés Dylan Horrocks, os americanos Jesse Jacobs e Connor Willumsen e os españois Fermín Solís, Juan Berrio, Javi Rey e Martín López. Nas 108 páxinas da publicación tamén participa Miguel B. Núñez, autor de El corazón de los árboles editado no pasado Salón do Cómic de Barcelona. Ademais das novidades editoriais, Polaqia porá á venda senllas láminas a toda cor de Emma Ríos e David Rubín.

Culturagalega

27/07/09

Falando se entende a xente






















Palomitasymaiz

25/07/09

Día de Galicia





















25 de xullo: Día de Galicia

Flickr

LV delunsavenres

24/07/09

Vacacións

Xa estou de vacaciooooóns!!

Por fin! Despois dunha semana onde todo o mundo no traballo non facían máis que preguntarme a hora e comentarme as moitas gañas que tiñan de coller vacacións, agora si xa se pode pensar no tempo de lecer.

A desfrutar.

22/07/09

O Eclipse Solar máis longo

Cinco minutos e 56 segundos de escuridade produciu na illa chinesa de Yangshan o ocultamento total pola Lúa do disco solar, que deixou ver a coroa de luz do sol, no punto de maior duración do eclipse de sol máis longo do século.

O sol quedou completamente oculto pola Lúa desde as 9.38 horas deste martes (1.38 horas GMT, 2.38 na Península) ata case as 9.43 (1.43 GMT), para goce dos centenares de observadores de 25 países, congregados na illa, a 130 quilómetros de Shanghai, malia que as condicións meteorolóxicas non prevían unha boa contemplación.

O fenómeno, que non foi visible desde España nin desde a maior parte do planeta, permitiulles apreciar a chamada coroa solar, un anel de luz branca que se estende preto dun millón de quilómetros por encima da superficie do sol.

O eclipse puido ser seguido en vídeo e en directo desde Chinesa a través de 20minutos.es, desde as 3.05 (hora peninsular española) ata as 3.30. Ler máis.

No Youtube:


20 minutos

Flickr

21/07/09

Colaboración sen precedentes

Nunha acción sen precedentes, Microsoft vai achegar 20 mil liñas de código ao núcleo Linux, o corazón dos sistemas operativos de código aberto máis difundidos. Persoal da empresa estadounidense desenvolveu tres controladores e liberounos baixo a licenza GPL versión 2.

Microsoft fixo o anuncio durante a apertura da conferencia de código aberto de O'Reilly, a OSCON. O obxectivo é mellorar a integración entre Windows e GNU/Linux, e que o sistema operativo libre funcione eficientemente virtualizado sobre Windows. A liberación deste código non implica directamente que vaia ser incluído de inmediato na próxima versión do núcleo Linux, senón que será preciso un proceso de aprobación.

Deste xeito, a compañía que popularizou Bill Gates únese á longa lista de empresas que contribúen ao 'kernel' Linux. As cinco primeiras son Red Hat, Intel (que acadou recentemente a segunda posición), Novell, IBM e Oracle. En total, son máis de 100 corporacións e case mil desenvolvedores os que traballan nese código, en constante mellora e actualización.

Se non podes co inimigo únete a el, non si Bill?

Vieiros

20/07/09

O cuarto astronauta

















Por Santy Gutiérrez

De lunsavenres

Polo 40 aniversario

Celebrando o 40 aniversario da chegada do home á Lúa, publican en YouTube unha serie de vídeos nos que se rememora o histórico momento. Estes clips son gravacións restauradas, que forman parte dun proxecto que completarase en setembro, cando presentarán as gravacións en alta definición de todo o proxecto Apollo, aínda que mentres podemos gozar dos paseos lunares de Neil Armstrong e Buzz Aldrin.

Código Cero

O gran paso

O 20 de xullo de 1969, o primeiro ser humano puxo o pé na lúa. Aquel "gran paso para a humanidade" acabou por ser, máis ca o inicio da exploración interplanetaria, nunha simple anécdota e noutro exemplo da competitividade entre os Estados Unidos e a Unión Soviética na xa rematada Guerra Fría. Ese feito converteu a axencia espacial estadounidense, a NASA, no referente mundial na exploración espacial.

En calquera caso, aquel fito histórico no que traballaron miles de persoas en todo o mundo tamén foi vítima das teorías conspiratorias. Nos días previos á efeméride, a NASA foi publicando diversas evidencias para 'volvernos convencer' de que si que se estivo no satélite natural da Terra. Así, a sonda LRO tirou fotos dos lugares onde permanecen intactos os restos das misións Apollo, grazas á estática climatoloxía lunar. As imaxes teñen pouca calidade, por non estar aínda o dispositivo na súa órbita definitiva.

Tamén se publicou a semana pasada os vídeos restaurados do primeiro paseo lunar. Infelizmente, a gravación orixinal, de alta resolución, perdeuse para sempre, o que podería dar lugar a novas especulacións.

E como sempre exitiu a dúbida de se realmente se foi a lúa ou non, pois deixovos este enlace para alimentar a polémica

Vieiros

18/07/09

Noites Máxicas dos Viaductos

Sábado 18 de Xullo

CREMA DE GAITA ás 23:00h na Casa da Torre.

X FESTIVAL INTERNACIONAL DE ARTISTAS NA RÚA 24 e 25 de Xullo REDONDELA-2009 na alameda 21,00 - 01,00h

Venres 24 de Xullo

ARTURELLO DI POPOLO. Circo (Italia)
TOILET MAN. Performance (Inglaterra)
BARROKE TRIO. Música (Rumanía)
BOBY-RITSARY. Performance (Bulgaria)
TEATRO DEL BOTÓN. Teatro (Cataluña)
MARCOS MOLINA. Arpista (Colombia)
RUDY DUDY. Circo (Bélxica)
LOS KIKOLAS. Teatro-Circo (Castela-León)

Sábado 25 de Xullo

BOBY-RITSARY. Performance (Bulgaria)
MARCOS MOLINA. Arpista (Colombia)
TOILET MAN. Performance (Inglaterra)
TEATRO DEL BOTÓN. Teatro (Cataluña)
VIRAVOLTA. Teatro (Galicia)
DOCTOR CUELGUI. Circo (Madrid)
MR. WELL. Showman (Inglaterra)
WILBUR. Equilibrios (Valencia)
CAPITÁN MARAVILLA. Circo (Andalucía)
Espectáculo: Maravillas

Venres 31 de Xullo

TEATRO COMPANÍA CLOWNIC - 100 TRICICLE ás 23:00h no Campo da Feira.

Sábado 1 de Agosto

ALICIA Y RIVERA ás 23:00h na Casa da Torre.

Venres 7 de Agosto

ENCONTRO FOLKLÓRICO GALEGO-MANCHEGO
"O Carballo das Cen Polas" GRUPO MIMBRALES DE LA FUENTE (CIUDAD REAL) ás 22:30h na Casa da Torre.

Sábado 8 de Agosto

TREIXADURA ás 23:00h no Campo da Feira.

Venres 14 de Agosto

BALLET ARGENTINO ás 23:00h en Chapela

Xoves 20 de Agosto

TEATRO MDM "Las locuras por el veraneo" ás 23:00h na Casa da Torre.

Sábado 22 de Agosto

ENTROIDO DE VERÁN

17/07/09

A prol de Mancomún

A campaña en liña posta en marcha pola CiberIrmandade da Fala para recoller apoios a prol da supervivencia do Centro Mancomún segue adiante e a bo ritmo. Segundo informa o dito colectivo, apenas tres xornadas despois de terse presentado a iniciativa (dirixida en última instancia a lograr que a Xunta siga apostando polo software libre e, tamén, polo seu desenvolvemento en galego), xa se teñen contabilizado varios milleiros de participacións, tanto no que atinxe ás lecturas dos datos publicados sobre o tema (o futuro incerto do Centro Mancomún) como á colaboración activa en si mesma no envío masivo de correos individuais aos responsables tecnolóxicos da Xunta.

Correos nos que se lles pide, de xeito respectuoso en clave positiva, a pervivencia do devandito Centro e do traballo que se viña a desenvolver a prol da programación aberta na nosa terra, máis económica para usuarios, institucións e empresas (non se requiren grandes pagos de licenzas) e ao mesmo tempo máis produtiva para nós mesmos, xa que se trata en gran medida de ferramentas feitas dende aquí.

A este gran éxito”, sinala a CiberIrmandade, “están a contribuír as asociacións de software libre galegas máis comprometidas, que comezan a amosar a súa adhesión á iniciativa a través das súas webs, como é o caso de MeLISA ou Agnix, así como unha longa relación de webs de información xeral e especializadas, blogs, prensa dixital e innumerabeis cruces de correos electrónicos”.

Codigo Cero

15/07/09

O Software livre non é para frikis

Do 20 ao 24 de xullo impartirase o primeiro curso de verán organizado pola Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O seu título é "A revolución do Software Libre". O secretario do curso e, asemade, coordinador da oficina, Enrique Estévez Fernández comentou:

A idea é ofrecer unha panorámica do mundo do Software Libre, centrado en todos os aspectos. Moita xente asocia o Software Libre cos frikis da informática, pero hai moito máis detrás. Hai unha filosofía, unha historia bastante longa e tamén se falará de partes como o Software Libre no ensino, o modelo de negocio, o modelo social e os proxectos máis relevantes que hai agora: Firefox, OpenOffice... que están baseados en Software Libre sen que o saiba a maioría da xente que os usa. Vai ser bastante teórico, pero sen entrar en aspectos técnicos. Verase que está presente en todos os computadores, é o futuro. Os gobernos empezan a impulsalo, porque é a solución máis viábel.


Vieiros

14/07/09

Isto é a guerra!

Microsoft anunciou oficialmente a versión técnica de proba do Office 2010, como era de agardar, o que acompañaron coa confirmación de que en 2010 poderemos ver unha versión web de balde de Word, Excel e PowerPoint, o que parece destinado a competir directamente coas aplicacións web de Google.

Pero as capacidades web do Office son os elementos que resultaron máis rechamantes do anuncio de Microsoft, pois a existencia dunha versión lixeira de Word, PowerPoint, Excel e OneNote que funciona vía web permitirá o acceso aos documentos dende case calquera lugar, mantendo a aparencia dos ficheiros con independencia do dispositivo de visualización.

O Office 2010 tamén mellora as funcións de colaboración, engade a posibilidade de edición de vídeo e imaxes e moitas outras novidades que de seguro que atraerán aos usuarios á vez que contribúe á incrementar a competencia efectiva nas aplicacións informáticas vía web, aínda que para ver iso deberemos agardar ao ano que ven.

Nótase que se están a por as pilas estes de Microsoft despois do lanzamento do novo Chrome OS por parte de Google. Trocar ou morrer, esa é a cuestión Bill.

Código Cero

12/07/09

Os 99

'Os 99' (Teshkeel), superheroes inspirados na cultura islámica e que personifican os 99 nomes ou atributos de Alá, e os integrantes da Liga da Xustiza (DC Comics), os clásicos superhomes estadounidenses: Superman, Batman, The Flash, ..., combaterán uns ao carón dos outros en pouco tempo.

Os últimos xa os coñecemos de sempre. Mais, quen son 'Os 99'? Ao contrario que os seus colegas norteamericanos non visten disfraces, non teñen identidades ocultas e a Policía non anda á súa procura. Viven como persoas normais, mais un día desenvolven habilidades sobrenaturais logo de entrar en contacto con xemas místicas.

A relixión fica á marxe -ou cando menos para o ámbito privado. Ningún dos 99 protagonistas, provenientes de 99 países diferentes, ora ou le o Corán en público. O seu creador, o psicólogo kuwaití Naif Al Mutawa impulsou a idea co fin de lle mostrar ao mundo a face tolerante e pacífica do Islam. Nas súas palabras, para "recuperar o Islam" dos integristas que o teñen refén.

Vieiros

Big Jump

Este domingo vai ao teu río, pega un salto e tira unha foto. E logo mándaslla a Adega, que colabora coa European Rivers Network na defensa dos nosos cauces.

O Big Jump é unha iniciativa da European Rivers Network a prol da protección efectiva dos ríos, que exixe a aplicación da Directiva Marco da Auga. Unha xornada festivo-reivindicativa que secundan numerosas organizacións europeas, no noso país da man de Adega e o Proxecto Ríos.

Dende a asociación ecoloxista galega denuncian o atraso na aplicación da Directiva Marco da Auga, e o que “semella” o “rexurdimento da ameaza das minicentrais co novo Goberno na Xunta”.

Por isto, chaman á participación este domingo. Ir a un río, pegar un chimpo, tirar unha foto e mandárllela, é o que nos piden dende Adega e o Proxecto Ríos. O enderezo é adega@adega.info, e cómpre sinalar o lugar, os participantes e as ameazas ou agresións que sofre ese curso fluvial.

En 1995, o ecoloxista Roberto Epple convocou un baño multitudinario en diferentes localidades do río Loira para reivindicar que no ano 2015 a Directiva Marco da Auga sexa unha realidade, e os ríos europeos estean limpos para que o seu uso pola poboación non supoña un problema de saúde. Dende entón o Big Jump concentra todos os anos milleiros de persoas en centos de ríos de Europa.

Vieiros

08/07/09

O P2P

"As redes P2P, como meras redes de transmisión de datos entre usuarios de Internet non vulneran, en principio, dereito algún protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (LPI)". Así o indica un auto do xuíz titular do Xulgado Mercantil número 7 de Barcelona, Raúl N. García Orejudo, que desestima as medidas cautelares solicitadas pola Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) contra elrincondejesus.com, unha web de enlaces a descargas de películas e música na Rede. Ler máis.

20 minutos

Flickr

06/07/09

xaKobeo.com


O Camiño de Santiago tamén se traza na Rede, dunha banda a outra da mesma, cada treito achegado por un internauta ou por un colectivo de internautas. Nesta liña de facer que o itinerario santo no virtual sexa o máis completo posible é onde se insiren os tres novos empresarios galegos que veñen de poñer en marcha a páxina xaKobeo.com, unha web centrada de xeito específico nas pegadas que Compostela deixa no mundo. Ler máis.

Código Cero

Flickr

05/07/09

Linux é unha merda



Vaia co cabreo que ten o amigo de FacilWare. Non me estraña xa que a xente está tan acostumada ao Güindous que o cambio convertese en toda unha odisea e, moitas veces, sen ter por que.

O reto é tratar de demostrarlle a este home o que non se pode facer con Linux.

Para empezar demóstranos como instalar amsn (o msn messenger de Windows) nun video feito por el mesmo.

Ler a entrada e ver o video no Youtube.

FacilWare

03/07/09

A Saba Santa de Turín

A orixe da Saba Santa de Turín volve ser obxecto de polémica. Lillian Schwartz, membro da School of Visual Arts de Nova York (EUA), pon en dúbida unha vez máis a data en que o corpo e o rostro da persoa -que a Igrexa Católica defende, é Xesucristo- quedaron estampados no sudario.

As probas de Carbono 14 realizadas en 1988 mostraron que o lenzo se teceu entre 1260 e 1390, aínda que para a imaxe non hai datación. No entanto, algúns investigadores cuestionaron o exame xa que consideraban que a mostra estaba moi contaminada.

Segundo asegura a estadounidense Schwartz nun documental emitido esta cuarta feira na canle de TV británica Channel Five, o rostro é o do xenio renacentista Leonardo Da Vinci, que o conseguiu plasmar grazas á técnica fotográfica da cámara escura.

Schwartz xa saltara á fama na década de 1980 por demostrar que o autorretrato de Da Vinci e a Mona Lisa tiñan as mesmas proporcións. Agora defende a mesma teoría, en base á utilización de modelos informáticos para escanear o retrato do artista e o rostro do sudario.

De acordo co documental de Channel Five, Leonardo colocou un seu busto fronte a unha cámara escura xigante cunha lente de cristal nun pequeno buraco na parede. A imaxe proxectaríase no lenzo que tería unha emulsión de ovos e xelatina a modo de película fotográfica para facela sensíbel á luz.

Unha vez que os raios de sol pasasen a través deste pequeno buraco a súa efixie aparecería proxectada na saba. Da Vinci era un home fascinado cos equipos ópticos e entre os seus cadernos de notas había un dos debuxos máis antigos dunha cámara escura.

Vieiros

02/07/09

Pola Defensa da Ensenada de San Simón

A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo admitiu a trámite a denuncia interposta pola Plataforma de Defensa da Enseada de San Simón contra a ampliación, de 50 mil metros cadrados, promovida pola Autoridade Portuaria de Vigo na citada enseada, zona afectada pola Rede Natura.

A mobilización cidadá conseguira, no seu momento, paralizar a intención dunha empresa asturiana, con beizón oficial, de chantar unha fábrica de cemento no mesmo estreito de Rande, nun recanto de privilexio a pé da enseada de San Simón que no pasado fora utilizado para embarcar mineral.

Paralizado aquel proxecto, non sen pouco esforzo, chegaba, en outubro do ano pasado, a noticia dunha nova ameaza para o lugar en forma de proxecto da Autoridade Portuaria de Vigo. O Porto iniciou as obras para o vertido de formigón nos predios en cuestión, e proxecta, nunha segunda fase, realizar un recheo. O obxectivo é converter a zona nunha nova área de almacenaxe de contedores que complemente as que a institución xa xestiona, creando outra zona de atraque para os buques que transportan estes bloques.

Porén, para a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, a construción desta macro-plataforma devastaría un dos lugares máis emblemáticos da ría viguesa, punto de referencia da histórica batalla de Rande e xacemento arqueolóxico da flota afundida naquela altura. Alén da afectación que a formigonada tería para o medio mariño e as súas especies, xa que a enseada de San Simón é o enclave é fundamental como niño biolóxico para o desenvolvemento da riqueza pesqueira e marisqueira da ría, declarado pola Xunta como zona de protección en 2002. Por todos eses motivos, segundo a plataforma, os únicos aproveitamentos económicos que deben permitirse na zona son os tradicionais da pesca, marisqueo, cultivos pesqueiros e do mexillón, segundo se desprende da directiva europea de Hábitat. Ler máis.

Vieiros

01/07/09

Puntos extra

Ao redor de 21 millóns de condutores non perderon ningún punto desde que empezou a funcionar o novo carné de conducir o 1 de xullo de 2006. A partir do próximo mércores, todos eses condutores recibirán como premio dous puntos extra, tal e como se contemplaba na lei que regula o carné por puntos.

Así, a lei establece que cada tres anos os condutores que non cometan ningunha infracción que conlleve retirada de puntos serán recompensados con 2 puntos de máis no seu carné, sendo xullo de 2009 a primeira vez que Tráfico "reparta" puntos por este sistema.

O número máximo de puntos que un condutor pode obter é 15, polo que un condutor que consiga 14 puntos agora, e permaneza sen perder ningún punto ata xullo de 2012, será recompensando cun só punto en lugar de tres, ao conseguir alcanzar o tope máximo de puntos. Ler máis.

20 minutos