30/06/09

A Lista Robinson

Abrir o correo electrónico e darse de conta que as doce mensaxes que tes na túa bandexa de entrada son publicidade de servizos de empresas que non solicitaches, non só é un gran chasco senón que tamén viola os dereitos dos consumidores. Se estás farto de recibir sms, mms, correos electrónicos e chamadas ao fixo e ao móbil de empresas coas que non tes ningunha relación que queren venderche cousas que non necesitas, apunta esta web: www.listarobinson.es.

Unha lista Robinson é un ficheiro de exclusión publicitaria. Os consumidores que se apuntan a estas listas fano para deixar constancia de xeito expreso que non queren recibir publicidade das campañas que poñen en marcha certas empresas. Desde abril de 2008, segundo recolle a Lei de Protección de Datos, as empresas están obrigadas a consultar estas listas para cerciorarse de que os usuarios non teñen ningunha obxección en recibir publicidade. O problema é que en España a única lista Robinson que existía era só de correo postal. Ata agora. Hoxe, a Federación de Comercio Electrónico e Marketing Directo (FECEMD) e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) presentaron unha para servizos de teléfono e Internet. Ler máis.

Irreverendos


Soitu

28/06/09

Pecado capital






















Palomitasymaiz

27/06/09

Hércules, patrimonio da humanidade

A espera foi longa e os nervios foron constantes entre a delegación galega que en Sevilla agardou pola decisión da Unesco. Mais, finalmente, o Comité de Patrimonio Mundial da organización internacional declarou á Torre de Hércules como monumento Patrimonio da Humanidade. A decisión non tivo discusión, xa que foi refrendada pola unanimidade de todos os países participantes, que cualificaron o faro coruñés de "obra excepcional".

Única candidatura de todo o Estado Español, o faro da Coruña converteuse no terceiro monumento galego en facerse acredor desta distinción, logo do casco histórico de Santiago de Compostela e da muralla romana de Lugo.

Vieiros

Arde Lucus






















Galería de fotos do Arde Lucus MMVIII

Vieiros

26/06/09

Xan Carallás

Conta a lenda popular que Xan Carallás foi o veciño que fundou a vila de Redondela. Unha historia que Suso Cameselle estivo investigando e analizando durante máis de dous anos e que agora pon en escena a fronte do grupo de teatro xuvenil, Disonada. A zarzuela estréase hoxe no multiusos da Xunqueira (20:30) e conta coa participación de sesenta persoas entre actores, músicos e bailaríns de entre 10 e 16 anos. A zarzuela sobre Carallás é a segunda dunha triloxía que Cameselle está a realizar sobre lendas redondelás. Ademáis da representación, o multiusos acollerá unha exposición sobre o protagonista desta historia.

Culturagalega


Máis sobre o evento en La Voz de Galicia.

25/06/09

Michael Jackson

O antes e o despois:



Era un xenio que sentía a música nos seus pes dunha forma ata contaxiosa.



Impresionante coreografía de Michael na que fai un guiño ao tema "Smooth Criminal" dentro do "Dangerous". Hai que recoñecer que como artista era todo un fenómeno. Coma sempre, as grandes estrelas morren en estrañas circunstancias. Nin un raio de sol, nin un resfriado. Agora temos culebrón para rato.

Youtube (Jackson 5)
Youtube (Michael Jackson)

24/06/09

Trisquel 3.0 Beta

Podemos ler na páxina web da distribución Trisquel que acaba de facerse pública a versión beta de Trisquel 3.0. Esta versión da distribución levará o nome "Dwyn".

As principais características desta Trisquel 3.0 son:

  • Gnome 2.6.26
  • Linux-libre 2.6.28
  • OpenOffice.org 3.0.1
  • Navegador baseado en Mozilla Firefox 3.0
  • Idiomas incluídos: Inglés, Castelán, Galego, Catalán, Vasco, Hindi, Chino simplificado, Francés e Portugués.
  • Unha mellor compatibilidade con tecnoloxía de asistencia.
  • O sistema baséase na última versión de Ubuntu (9.04 Jaunty), ao
    que se eliminou todo o software privativo.
Notas da BETA
  • O idioma por defecto é o galego, será inglés na versión final.
  • O artwork incluído é o de Robur, cambiarase na versión final.
  • O selector de idiomas inicial permitirá escoller todos os dispoñibles.
Trisquel é un sistema operativo totalmente libre baseado en GNU/Linux, para usuarios domésticos, pequenas empresas e centros educativos. Trátase dun proxecto aberto, iniciado pola Universidade de Vigo e desenvolvido por unha comunidade de voluntarios co apoio da Facultade de Ciencias de Ourense, a Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense e empresas coma Sognus.

Mancomun

23/06/09

Cinemadix

Nun futuro moi próximo, as producións cinematográficas e audiovisuais galegas van ser exhibidas a través dun revolucionario circuíto de distribución, que permitirá que sexan visionadas simultaneamente en numerosos puntos da xeografía galega. Este novidoso circuíto, denominado 'Cinemadix', está promovido por Carmen Rábade, directora da escola de produción audiovisual O Raio Verde, co apoio da Facultade de Psicoloxía de Santiago.

Baseado nas novas tecnoloxías da comunicación, 'Cinemadix' permitirá proxectar unha película e, a través dun software específico de transmisión do sinal, todas as asociacións participantes no proxecto poderán conectarse e proxectar simultaneamente o filme. Ler máis.

LV delunsavenres

Revolución Alex

O cineasta e escritor Álex de la Iglesia, responsable de películas como 'O día da besta', 'Os crimes de Oxford' e 'A comunidade', foi elixido este domingo por votación presidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas de España.

Álex de la Iglesia encabezaba a única terna candidata a estas eleccións, que completan a directora e actriz Icíar Bollaín e o director de produción Emilio Pina, agora vicepresidentes da Academia de Cine.

O cineasta bilbaíno porase á fronte do mundo do cine durante os próximos tres anos, en substitución de Ángeles González-Sinde, que o pasado mes de abril renunciou ao cargo tras ser elixida polo presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, para ocupar a carteira de Cultura. Ler máis.

LV delunsavenres

22/06/09

Crooked House
















Non te preocupes, nin ti tes resaca, nin a imaxe está deformada, o edificio é así, aínda que custe crelo. É obra do estudo arquitectónico Szotynscy Zaleski, que o bautizou como Crooked House. Foi construído en 2003, e acolle un centro comercial que non deixa indiferente aos turistas que pasan por Sopot, Polonia.

Soitu

Flickr

20/06/09

N97

Aqueles usuarios de telefonía móbil que teñen por costume adquirir sempre o último dispositivo que saíu ao mercado para estar ao día no tocante ás novas tecnoloxías, vano a ter difícil esta semana para escoller entre mercar hoxe o novo Nokia N97 ou agardar a que saia mañá o novo iPhone 3G S, que chega a España da man das principais operadoras.

Dende logo é cuestión de gustos, e soamente os máis familiarizados con este tipo de terminais poden ter claro o dispositivo polo que debemos decantarnos no caso de ter que escoller entre un e outro. Ler máis.

Código Cero

Eu quería facer un simple comentario sobre o avance tecnolóxico dos nosos días e... buscando, buscando (Google="avance tecnolóxico") topei con isto: A cervexa é a responsable do avance tecnolóxico do home (non, si, eu sei dalgún que entre xarra e xarra arranxa o mundo nunha noite, je)

Paternidade no 2011

A Comisión de Igualdade do Congreso dos Deputados aprobou hoxe por unanimidade unha proposición de lei pola que se amplía de 15 a 30 días a duración do permiso de paternidade nos casos de nacemento, adopción ou acollida ata un mes.

Así, a proposta precisa que o traballador terá dereito á suspensión do contrato durante catro semanas ininterrompidas, ampliables no suposto de parto múltiple, e subliña que esta suspensión é independente do goce compartido dos períodos de descanso por maternidade.

Ademais, apunta que o pai poderá gozar deste permiso en réxime de xornada completa ou a tempo parcial e no momento en que decida en relación ao permiso de maternidade, o que permitirá garantir a presenza física dun dos dous proxenitores durante case os primeiros oito meses de vida do bebé.

A modificación non entrará en vigor ata o 1 de xaneiro de 2011, en teoría para "dar tempo" a coñecer a lei e a que se adapten os empleadores, pero "en realidade porque isto págao a Seguridade Social e non hai diñeiro", recoñeceu un dos deputados da comisión.

Este novo permiso tamén poderá ser gozado polos funcionarios dado que a proposición de lei prevé a modificación de Medidas para a Reforma da Función Pública.

ADN

19/06/09

Venres noite








Conejo Frustrado

18/06/09

Leónidas

Fedora, a versión libre de Red Hat, sacou xa a súa nova versión 11, tamén coñecida como Leónidas. Fedora 11 presenta algunhas novidades moi interesantes, como a inclusión do escritorio Sugar, inicialmente creado para o proxecto OLPC. Con este contorno de escritorio, aqueles usuarios que dispoñan dun computador de escasas prestacións, poderán igualmente gozar desta versión de Fedora sen renunciar a ter un bo rendemento do escritorio. Ademais, os que o queiran tamén poderán instalar o escritorio KDE 4.2.2, Xfce 4.6 ou Gnome 2.26.1 (instalado de xeito predeterminado).

Outras das súas novidades son a inclusión de EXT4 como sistema de ficheiros predeterminado (o que mellora en gran medida o rendemento da distribución) e a posibilidade de instalar todos os elementos necesarios para utilizar lectores de pegadas dixitais (que inclúen de serie moitos portátiles actuais) e deste xeito poder iniciar sesión no computador sen ter que escribir o tradicional contrasinal.

Tamén, aproveitando o que será o inminente lanzamento da futura versión de Firefox 3.5, xa se inclúe a versión beta4 de Firefox 3.5, que en breve se actualizará á versión 3.5 RC1 que acaba de saír.

Se queredes instalar directamente o Firefox 3.5 RC1 en galego non tendes máis que descargalo desde a seguinte ligazón:

Mancomun

Flickr

17/06/09

Xinete pálido vs Vacas tolas

A Televisión de Galicia ( TVG) decidiu suspender un programa sobre a crise das vacas tolas apenas unhas horas antes da hora en que estaba prevista a súa emisión. No seu lugar emitiron a película de vaqueiros Xinete pálido de Clint Eastwood. A decisión foi tomada persoalmente pola nova directora da cadea, Rosa Vilas, quen explicou que, trala substitución na cadea, "os criterios informativos cambian".

O programa cancelado é o terceiro capítulo de Caixa Negra, un programa de reportaxes presentado polo que fora reporteiro de Caiga quien Caiga Fernando González, 'Gonzo' e producido e dirixido por Antón Reixa. O espazo dedícase a repasar "feitos pasados que impactaron a Galicia".

Durante toda a semana, a TVG anunciara a emisión do programa sobre a crise das vacas tolas para onte martes, ás 23.20, o mesmo horario das anteriores entregas de Caixa Negra, que trataron sobre o naufraxio do cargueiro Casón en 1987 e sobre o 20 aniversario da operación Nécora contra o narcotráfico.

As promociones do capítulo sobre as vacas tolas continuaron ata onte ao mediodía, pero a partir das cinco da tarde os anuncios cesaron e TVG cambiou na súa páxina web a programación. A TVG comunicou á produtora do programa a decisión de non emitir a terceira entrega de Caixa Negra a primeira hora da tarde. O presentador do programa asegurou que a reportaxe limitábase a recopilar os "feitos" que rodearon a crise das vacas tolas, cando Manuel Fraga gobernaba na Xunta de Galicia.

20 minutos

Flickr

16/06/09

GMX

Os usuarios que desexen un enderezo de correo electrónico flexible, fiable e con moita capacidade teñen unha nova oferta gratuíta no mercado, GMX (Global Mail Exchange), que vén de chegar a España como unha ferramenta cun grande número de funcións prácticas que permiten aforrar tempo.

Este novo servizo de correo electrónico tamén con sistemas de protección contra virus informáticos e correo lixo, reducindo ata un 98% o spam. A súa capacidade é de 5 Gb, e permite recibir e xestionar as mensaxes de correo que veñan doutas contas (Yahoo!, Gmail ou Hotmail) a través dun Colector de correos, e tamén está accesible a través de POP3, IMAP e web (incluso cunha interface optimizada para dispositivos móbiles).

O correo de GMX conta na actualidade con máis de 11 millóns de contas de usuario, e o servizo que se ofrece para a España está baseado en servidores hospedados en Alemaña por parte de United Internet, compañía responsable deste servizo.

Código Cero

15/06/09

Máis velocidade R

A operadora de cable galega repartirá a velocidade de subida que non se estea utilizando entre os seus clientes. Se un usuario non está enviando datos, o seu caudal de subida quedará libre para outros clientes. Tal como explica R, podería darse o caso que un usuario tivese 6 megas simétricos en momentos puntuais. R é consciente de que a velocidade de subida é fundamental para o envío de ficheiros e ata para a navegación e por iso porá en marcha esta proposta innovadora que beneficiará a todos os seus clientes. O funcionamento é moi sinxelo, o ancho de banda de subida que quede libre se reasignará automáticamente aos clientes que estean realizando transferencias de datos.

Barrapunto

Flickr

14/06/09

Titorial Ubuntu

Para os que aínda teñan dúbidas co sistema operativo Ubuntu, aquí vos deixo un vídeo-titorial que topei en Facilware para que vexades o sinxelo que é e os animedes a probalo (Tamén vale para o Galinux, xa que este está baseado en Ubuntu aínda que nunha versión anterior)



Facilware

13/06/09

Cocatrix

Cando lle dixen a un compañeiro de traballo que a Coca era un dragón e non unha rosca, púxome unha cara de non ter nin idea do que lle estaba a falar.

Pois ben. Conta a lenda que hai moito tempo (xa choveu bastante) vivía preto de Redondela un dragón que de vez en cando facía incursións nesta vila, coma dun raposo cando vai a por galiñas, levándose as rapazas máis fermosas. Fartos deste acoso, os mozos mariñeiros armáronse de coraxe para facerlle fronte e acabar dunha vez por todas co dragón. Así o fixeron e saíron vitoriosos levando os restos da Coca para Redondela. Colleron as espadas e puxéronse a bailar o redor do dragón.

Dende aquela celebrase todos os anos polo Corpus Christi esta festa na que se saca a pasear a Coca (e os nenos poden subirse ou meterse dentro dela), se realiza a Danza das Espadas e o Baile das Penlas.

A Danza das Espadas é a representación da vitoria do ben sobre o mal acompañada do Baile das Penlas que representan, neste caso, ao gremio dos panadeiros daquela época e que bailan cunha nena nos seus lombos, vestida de anxo, e que manda bicos a todos os asistentes. As Penlas forman un único conxunto coreográfico xunto cos mariñeiros. É espectacular!

Recoméndovos este enlace con información sobre as orixes moito máis detallado. E tamén podedes ver na páxina de Turismo de Redondela un vídeo sobre esta festa.

12/06/09

Bitblinder

Os usuarios máis cautelosos que desexen intercambiar ficheiros a través da Internet dun xeito totalmente anónimo teñen agora unha nova opcións: Bitblinder, un cliente de código aberto para a rede BitTorrent que oculta o enderezo IP do usuario facendo anónimas as transferencias de arquivos.

Este tipo de transferencias de arquivos son máis lentas que as tradicionais, pero impiden o seu seguimento doado, posto que o tráfico encríptase e pasa por ordenadores que só coñecen os enderezos IP dos seus veciños pero non dos usuarios finais da comunicación.

Bitblinder está xa dispoñible para Linux e agárdase o seu lanzamento para Windows en breve.

Código Cero

11/06/09

Anti-Feisbuck

Non, non é unha aplicación nova nin nada diso. Tamén podería dicir anti-Twenty ou anti-calquera outra rede social de moda. O caso é (se vos fixades na árbore do blogue) que eu tamén sucumbín na tentación do Feisbuck. Acabei ata os collóns das invitacións e das miniaplicacións que para utilizalas requerían dos meus datos persoais. Por iso hai unha pequena lagoa ou espazo baleiro entre decembro e maio deste ano no meu blogue (estaba perdendo o tempo co ditoso Facebook)

Todo isto ven a conto dunha nova que lin nun blogue no que contan como unha familia se fai unha foto por nadal, a colga no seu sitio web (blogue, rede social...) e máis tarde un amigo que estaba de viaxe por Praga lles chama dicindo que a súa foto forma parte dun anuncio publicitario dun supermercado. Así é como garantan os nosos dereitos de privacidade.

A fonte orixinal aparece no periódico El Mundo.

Flickr

10/06/09

Sebastian's Voodoo

Un pequeno boneco de voodoo debe topar a suficiente coraxe para salvar aos seus amigos dunha morte segura. O sacrificio forma parte deste drama. O corto é tan espectacular como que é o gañador da Cannes SFC Online Competition 2009 en asociación coa National Film Board of Canada e Youtube. O autor, director e animador é o paraguaio Joaquin Baldwin que xa recibíu con anterioridade 50 premios award internacionais polos seus cortos Sebastian's Voodoo e Papiroflexia.

Merda! Non me colle o video no blogue! As opcións de resolución para colgalo aquí son demasiado grandes. Sinto, pero so vos podo deixar o enlace para que o vexades.

09/06/09

Donald, 75 aniversario.



  • Fixo o seu debut o 9 de xuño de 1934 como secundario.
  • A súa voz é comprensible só para o resto dos personaxes Disney, que lle define como un pato cuxa "segunda ou terceira intención é a boa".

20minutos

08/06/09

A Mazá

Vaia, vaia. Esperando a apertura do novo centro comercial de Vigo (da "Gandariña"¿?, aínda non sabemos como o van chamar) o próximo venres día 19, topo na rede a nova de que Apple renova o seu sistema operativo. A verdade é que agás o iTunes pouco máis coñezo da mazá. A min interésame moito xa que o monopolio de Güindous está instaurado no mercado de forma abusiva (e a ignorancia fai o resto) e non dou topado un sitio onde mercar decentemente un portátil ceibe para poder meterlle o sistema operativo que me pete.

A opción de Mac OS X aínda que algo cara está presente e con moi boa crítica. Por exemplo, se merco agora un Mac e o novo Mac OS X Snow Leopard sae a venda en setembro, a actualización so me costaría 8,95€. Quen o diria Bill.

Por suposto que so é unha opción.

Flickr

07/06/09

R.I.P.










Ao "Pequeno Besbello" por Santy Gutiérrez

LV delunsavenres

06/06/09

Perdidos? II

Levo xa varios días nesta odisea por intentar recuperar os datos do meu disco duro externo. Aquí describo o sucedido con anterioridade.

PROBLEMA
:

  • Perdida do sistema de arquivos Fat32.
  • Ubuntu non o recoñece e WinXP so me da opción de formatalo.
SOLUCIÓNS:
  • Hirens Boot cd (ningunha aplicación de recuperación de datos me recoñece o disco duro externo)
  • Na internet (nos foros recomendan aplicacións tipo TESTDISK e PHOTOREC, pero necesito espacio para poder recuperar os 187GB)
COAS MANS NA MASA:
  • Elimino a partición de Ubuntu (200GB). O fago con o editor de particións Gparted a través dun cd-vivo de Trisquel (distro galega das telecos de Vigo e Ourense) e lle aplico un sistema de arquivos NTFS.
  • Formato rápido do disco duro externo para recuperar o sistema de arquivos (tamén co Gparted). Moi importante este paso porque o formato rápido non borra os datos que quero recuperar.
  • Instalación de TESTDISK e PHOTOREC na nova partición de 200GB.
15 HORAS DESPOIS:

Síntome amolado. O resultado non é o esperado. Os arquivos aparecen renomeados facendo moi tediosa a busca. Por exemplo, nos capítulos das series de TV non distingo nin o número nin a tempada a cal pertence.

CONCLUSIÓN:

Para recuperar fotos e documentos determinados, a aplicación está moi ben pero en canto a listas de arquivos ordenados (mp3 dun disco, series...) non o recomendo.

Case que empezo de novo e poño a baixar todas as cousas que perdín, que non son poucas.

Polo menos xa estou traballando co meu Ubuntu porque Güindous... mellor calar.

Flickr

05/06/09

Por Santiago

Onte quedei en Santiago coa 'tartaruga' deste blogue. Aínda que foi unha visita fugaz, o día na capital aproveiteino a tope. Espero que a miña pequena introdución ao Galinux te abra os ollos cara novos horizontes. O cd vivo é unha marabilla así que non te fartes de probalo e preguntame o que queiras.

Deume tempo a todo. A percorrer Santiago polo centro e a súa periferia (en realidade ... perdínme grazas a tromba de auga que me volveu lavar o coche, e acabei en San Marcos, na telegaita) Tamén a tomar unha caña no Agarimo (Praza Cervantes) coa miña amiga Tere e, por suposto, non podía faltar, as estupendas tapas que poñen de balde, que como te líes a beber tamén saes ceado!!

Como me gusta Santiago.

Grazas Maite.

Flickr

03/06/09

XBox 360

Non é que lle teña manía ao desastroso e petulante 'Güindous', so que despois de tantos anos en guerra con el e vendo que, como no caso actual co Vista, so lles interesa encher as arcas e tapar os buracos (como vexo que fan na N-550 de camiño ao choio) pois un vólvese anti-Microsoft total. A miña vacina, a luz ao final do túnel, a esperanza, a ilusión e , sobre todo, o sentirse ceibe mo deu Linux. Pero as cousas como son. Tamén son capaz de recoñecer o mérito cando unha cousa ou alguén o merece.

A XBOX 360 de Microsoft o merece. Topei este vídeo de casualidade, coma sempre, e quedei parvo (que a este ritmo quedo parvo para o resto da vida). É abraiante. Que abraiante! É a ostia !! A onde imos chegar? Está claro que o sector máis beneficioso para esta empresa é, sen dúbida, os videoxogos e a propia consola.

Unha imaxe vale máis ca mil palabras.

Flickr

01/06/09

Perdidos?

Como se lle queda a un a cara cando sen máis descobre que ten o ditoso disco duro escangallado? Si, de parvo. Mira que estou eu farto de dar consello a máis de un sobre este tema. Que si hai que facer copias de seguridade, que si particións a parte do sistema operativo, que si desfragmentación, etc. Nada, hoxe en día ninguén se salva. Da forma máis estúpida case perdo preto de 200gb dun disco duro externo que agora teño na UCI. Miña nai querida, e eu so quería ver a serie de Perdidos, e case perdo a cabeza buscando a maneira de recuperar todo o tempo investido.

Como diría un amigo meu, 'Sonche cousas da informática'... Me cago na informática e na cona que a botou!!