A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo admitiu a trámite a denuncia interposta pola Plataforma de Defensa da Enseada de San Simón contra a ampliación, de 50 mil metros cadrados, promovida pola Autoridade Portuaria de Vigo na citada enseada, zona afectada pola Rede Natura.
A mobilización cidadá conseguira, no seu momento, paralizar a intención dunha empresa asturiana, con beizón oficial, de chantar unha fábrica de cemento no mesmo estreito de Rande, nun recanto de privilexio a pé da enseada de San Simón que no pasado fora utilizado para embarcar mineral.
Paralizado aquel proxecto, non sen pouco esforzo, chegaba, en outubro do ano pasado, a noticia dunha nova ameaza para o lugar en forma de proxecto da Autoridade Portuaria de Vigo. O Porto iniciou as obras para o vertido de formigón nos predios en cuestión, e proxecta, nunha segunda fase, realizar un recheo. O obxectivo é converter a zona nunha nova área de almacenaxe de contedores que complemente as que a institución xa xestiona, creando outra zona de atraque para os buques que transportan estes bloques.
Porén, para a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, a construción desta macro-plataforma devastaría un dos lugares máis emblemáticos da ría viguesa, punto de referencia da histórica batalla de Rande e xacemento arqueolóxico da flota afundida naquela altura. Alén da afectación que a formigonada tería para o medio mariño e as súas especies, xa que a enseada de San Simón é o enclave é fundamental como niño biolóxico para o desenvolvemento da riqueza pesqueira e marisqueira da ría, declarado pola Xunta como zona de protección en 2002. Por todos eses motivos, segundo a plataforma, os únicos aproveitamentos económicos que deben permitirse na zona son os tradicionais da pesca, marisqueo, cultivos pesqueiros e do mexillón, segundo se desprende da directiva europea de Hábitat. Ler máis.
Vieiros
02/07/09
Pola Defensa da Ensenada de San Simón
Etiqueta:
Medio Ambiente,
Redondela
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 Comentarios:
Publicar un comentario en la entrada