Microsoft anunciou oficialmente a versión técnica de proba do Office 2010, como era de agardar, o que acompañaron coa confirmación de que en 2010 poderemos ver unha versión web de balde de Word, Excel e PowerPoint, o que parece destinado a competir directamente coas aplicacións web de Google.
Pero as capacidades web do Office son os elementos que resultaron máis rechamantes do anuncio de Microsoft, pois a existencia dunha versión lixeira de Word, PowerPoint, Excel e OneNote que funciona vía web permitirá o acceso aos documentos dende case calquera lugar, mantendo a aparencia dos ficheiros con independencia do dispositivo de visualización.
O Office 2010 tamén mellora as funcións de colaboración, engade a posibilidade de edición de vídeo e imaxes e moitas outras novidades que de seguro que atraerán aos usuarios á vez que contribúe á incrementar a competencia efectiva nas aplicacións informáticas vía web, aínda que para ver iso deberemos agardar ao ano que ven.
Nótase que se están a por as pilas estes de Microsoft despois do lanzamento do novo Chrome OS por parte de Google. Trocar ou morrer, esa é a cuestión Bill.
Código Cero
14/07/09
Isto é a guerra!
Etiqueta:
Aplicacións,
De Balde,
Kill Bill,
Na Rede
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 Comentarios:
Publicar un comentario en la entrada