Podemos ler na páxina web da distribución Trisquel que acaba de facerse pública a versión beta de Trisquel 3.0. Esta versión da distribución levará o nome "Dwyn".
As principais características desta Trisquel 3.0 son:
- Gnome 2.6.26
- Linux-libre 2.6.28
- OpenOffice.org 3.0.1
- Navegador baseado en Mozilla Firefox 3.0
- Idiomas incluídos: Inglés, Castelán, Galego, Catalán, Vasco, Hindi, Chino simplificado, Francés e Portugués.
- Unha mellor compatibilidade con tecnoloxía de asistencia.
- O sistema baséase na última versión de Ubuntu (9.04 Jaunty), ao
que se eliminou todo o software privativo.
- O idioma por defecto é o galego, será inglés na versión final.
- O artwork incluído é o de Robur, cambiarase na versión final.
- O selector de idiomas inicial permitirá escoller todos os dispoñibles.
Trisquel é un sistema operativo totalmente libre baseado en GNU/Linux, para usuarios domésticos, pequenas empresas e centros educativos. Trátase dun proxecto aberto, iniciado pola Universidade de Vigo e desenvolvido por unha comunidade de voluntarios co apoio da Facultade de Ciencias de Ourense, a Escola Superior de Enxeñería Informática de Ourense e empresas coma Sognus.Mancomun

0 Comentarios:
Publicar un comentario en la entrada