A Comisión de Igualdade do Congreso dos Deputados aprobou hoxe por unanimidade unha proposición de lei pola que se amplía de 15 a 30 días a duración do permiso de paternidade nos casos de nacemento, adopción ou acollida ata un mes.
Así, a proposta precisa que o traballador terá dereito á suspensión do contrato durante catro semanas ininterrompidas, ampliables no suposto de parto múltiple, e subliña que esta suspensión é independente do goce compartido dos períodos de descanso por maternidade.
Ademais, apunta que o pai poderá gozar deste permiso en réxime de xornada completa ou a tempo parcial e no momento en que decida en relación ao permiso de maternidade, o que permitirá garantir a presenza física dun dos dous proxenitores durante case os primeiros oito meses de vida do bebé.
A modificación non entrará en vigor ata o 1 de xaneiro de 2011, en teoría para "dar tempo" a coñecer a lei e a que se adapten os empleadores, pero "en realidade porque isto págao a Seguridade Social e non hai diñeiro", recoñeceu un dos deputados da comisión.
Este novo permiso tamén poderá ser gozado polos funcionarios dado que a proposición de lei prevé a modificación de Medidas para a Reforma da Función Pública.
ADN
20/06/09
Paternidade no 2011
Etiqueta:
Na Rede
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 Comentarios:
Publicar un comentario en la entrada