27/06/09

Hércules, patrimonio da humanidade

A espera foi longa e os nervios foron constantes entre a delegación galega que en Sevilla agardou pola decisión da Unesco. Mais, finalmente, o Comité de Patrimonio Mundial da organización internacional declarou á Torre de Hércules como monumento Patrimonio da Humanidade. A decisión non tivo discusión, xa que foi refrendada pola unanimidade de todos os países participantes, que cualificaron o faro coruñés de "obra excepcional".

Única candidatura de todo o Estado Español, o faro da Coruña converteuse no terceiro monumento galego en facerse acredor desta distinción, logo do casco histórico de Santiago de Compostela e da muralla romana de Lugo.

Vieiros