26/08/08

George Steiner's Delirious

Os prexuízos lingüísticos máis primarios podemos atopalos incluso entre “intelectuais” consagrados. Un exemplo é o de George Steiner. O pensador nacido hai 79 anos en París está considerado como un dos mellores filósofos europeos das últimas décadas. Porén, os seus coñecementos non o liberan de prexuízos ben particulares. Así, nunha entrevista publicada en El País, Steiner enxalza o catalán fronte a unha lingua galega que considera inferior. Logo de criticar que a nosa lingua teña presenza na universidade e diante da sorpresa do xornalista, Steiner non dubida en dicir: “¡Pero non me compara o catalán co galego! O catalán é un idioma importante, cunha literatura impresionante. Mais o galego, por que ten que ser obrigatorio nunha universidade?”

Na delirante entrevista, o crítico e teórico da literatura tamén se refire a unha hipotética relación entre o euskera e a existencia de ETA: “Ese idioma é tan misterioso, é moi raro, moi poderoso. Quizais por iso a algunha desta xente lle resulta tan imposíbel aceptar o mundo exterior”.

Vieiros

2 Comentarios:

Tartaruga dijo...

É coña, non? Manda juevos. Será que a este pin-pin non o coñece nin a súa nai, necesita algo de publicidade e ponse a dicir burradas para que falemos del. Por buscarlle algunha explicación...
Vamos que este ten de intelectual o que eu de Elsa "Patati".

Escaravello dijo...

Que esperabas?. E aos cataláns este tipo de comentarios fai que lles suba a adrenalina un montón. Seguro.