Microsoft anunciou oficialmente a versión técnica de proba do Office 2010, como era de agardar, o que acompañaron coa confirmación de que en 2010 poderemos ver unha versión web de balde de Word, Excel e PowerPoint, o que parece destinado a competir directamente coas aplicacións web de Google.
Pero as capacidades web do Office son os elementos que resultaron máis rechamantes do anuncio de Microsoft, pois a existencia dunha versión lixeira de Word, PowerPoint, Excel e OneNote que funciona vía web permitirá o acceso aos documentos dende case calquera lugar, mantendo a aparencia dos ficheiros con independencia do dispositivo de visualización.
O Office 2010 tamén mellora as funcións de colaboración, engade a posibilidade de edición de vídeo e imaxes e moitas outras novidades que de seguro que atraerán aos usuarios á vez que contribúe á incrementar a competencia efectiva nas aplicacións informáticas vía web, aínda que para ver iso deberemos agardar ao ano que ven.
Nótase que se están a por as pilas estes de Microsoft despois do lanzamento do novo Chrome OS por parte de Google. Trocar ou morrer, esa é a cuestión Bill.
Código Cero
14/07/09
Isto é a guerra!
Etiqueta:
Aplicacións,
De Balde,
Kill Bill,
Na Rede
12/07/09
Os 99
'Os 99' (Teshkeel), superheroes inspirados na cultura islámica e que personifican os 99 nomes ou atributos de Alá, e os integrantes da Liga da Xustiza (DC Comics), os clásicos superhomes estadounidenses: Superman, Batman, The Flash, ..., combaterán uns ao carón dos outros en pouco tempo.
Os últimos xa os coñecemos de sempre. Mais, quen son 'Os 99'? Ao contrario que os seus colegas norteamericanos non visten disfraces, non teñen identidades ocultas e a Policía non anda á súa procura. Viven como persoas normais, mais un día desenvolven habilidades sobrenaturais logo de entrar en contacto con xemas místicas.
A relixión fica á marxe -ou cando menos para o ámbito privado. Ningún dos 99 protagonistas, provenientes de 99 países diferentes, ora ou le o Corán en público. O seu creador, o psicólogo kuwaití Naif Al Mutawa impulsou a idea co fin de lle mostrar ao mundo a face tolerante e pacífica do Islam. Nas súas palabras, para "recuperar o Islam" dos integristas que o teñen refén.
Vieiros
Etiqueta:
Banda Deseñada
Big Jump
Este domingo vai ao teu río, pega un salto e tira unha foto. E logo mándaslla a Adega, que colabora coa European Rivers Network na defensa dos nosos cauces.
O Big Jump é unha iniciativa da European Rivers Network a prol da protección efectiva dos ríos, que exixe a aplicación da Directiva Marco da Auga. Unha xornada festivo-reivindicativa que secundan numerosas organizacións europeas, no noso país da man de Adega e o Proxecto Ríos.
Dende a asociación ecoloxista galega denuncian o atraso na aplicación da Directiva Marco da Auga, e o que “semella” o “rexurdimento da ameaza das minicentrais co novo Goberno na Xunta”.
Por isto, chaman á participación este domingo. Ir a un río, pegar un chimpo, tirar unha foto e mandárllela, é o que nos piden dende Adega e o Proxecto Ríos. O enderezo é adega@adega.info, e cómpre sinalar o lugar, os participantes e as ameazas ou agresións que sofre ese curso fluvial.
En 1995, o ecoloxista Roberto Epple convocou un baño multitudinario en diferentes localidades do río Loira para reivindicar que no ano 2015 a Directiva Marco da Auga sexa unha realidade, e os ríos europeos estean limpos para que o seu uso pola poboación non supoña un problema de saúde. Dende entón o Big Jump concentra todos os anos milleiros de persoas en centos de ríos de Europa.
Vieiros
Etiqueta:
Eventos,
Medio Ambiente
8/07/09
O P2P
"As redes P2P, como meras redes de transmisión de datos entre usuarios de Internet non vulneran, en principio, dereito algún protexido pola Lei de Propiedade Intelectual (LPI)". Así o indica un auto do xuíz titular do Xulgado Mercantil número 7 de Barcelona, Raúl N. García Orejudo, que desestima as medidas cautelares solicitadas pola Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) contra elrincondejesus.com, unha web de enlaces a descargas de películas e música na Rede. Ler máis.
20 minutos
Flickr
Etiqueta:
Canon NON
6/07/09
xaKobeo.com

O Camiño de Santiago tamén se traza na Rede, dunha banda a outra da mesma, cada treito achegado por un internauta ou por un colectivo de internautas. Nesta liña de facer que o itinerario santo no virtual sexa o máis completo posible é onde se insiren os tres novos empresarios galegos que veñen de poñer en marcha a páxina xaKobeo.com, unha web centrada de xeito específico nas pegadas que Compostela deixa no mundo. Ler máis.
Código Cero
Flickr
Etiqueta:
Na Rede,
Tenreira Galega
5/07/09
Linux é unha merda
Vaia co cabreo que ten o amigo de FacilWare. Non me estraña xa que a xente está tan acostumada ao Güindous que o cambio convertese en toda unha odisea e, moitas veces, sen ter por que.
O reto é tratar de demostrarlle a este home o que non se pode facer con Linux.
Para empezar demóstranos como instalar amsn (o msn messenger de Windows) nun video feito por el mesmo.
Ler a entrada e ver o video no Youtube.
FacilWare
3/07/09
A Saba Santa de Turín
A orixe da Saba Santa de Turín volve ser obxecto de polémica. Lillian Schwartz, membro da School of Visual Arts de Nova York (EUA), pon en dúbida unha vez máis a data en que o corpo e o rostro da persoa -que a Igrexa Católica defende, é Xesucristo- quedaron estampados no sudario.
As probas de Carbono 14 realizadas en 1988 mostraron que o lenzo se teceu entre 1260 e 1390, aínda que para a imaxe non hai datación. No entanto, algúns investigadores cuestionaron o exame xa que consideraban que a mostra estaba moi contaminada.
Segundo asegura a estadounidense Schwartz nun documental emitido esta cuarta feira na canle de TV británica Channel Five, o rostro é o do xenio renacentista Leonardo Da Vinci, que o conseguiu plasmar grazas á técnica fotográfica da cámara escura.
Schwartz xa saltara á fama na década de 1980 por demostrar que o autorretrato de Da Vinci e a Mona Lisa tiñan as mesmas proporcións. Agora defende a mesma teoría, en base á utilización de modelos informáticos para escanear o retrato do artista e o rostro do sudario.
De acordo co documental de Channel Five, Leonardo colocou un seu busto fronte a unha cámara escura xigante cunha lente de cristal nun pequeno buraco na parede. A imaxe proxectaríase no lenzo que tería unha emulsión de ovos e xelatina a modo de película fotográfica para facela sensíbel á luz.
Unha vez que os raios de sol pasasen a través deste pequeno buraco a súa efixie aparecería proxectada na saba. Da Vinci era un home fascinado cos equipos ópticos e entre os seus cadernos de notas había un dos debuxos máis antigos dunha cámara escura.
Vieiros
Etiqueta:
Ciencia
2/07/09
Pola Defensa da Ensenada de San Simón
A Comisión de Peticións do Parlamento Europeo admitiu a trámite a denuncia interposta pola Plataforma de Defensa da Enseada de San Simón contra a ampliación, de 50 mil metros cadrados, promovida pola Autoridade Portuaria de Vigo na citada enseada, zona afectada pola Rede Natura.
A mobilización cidadá conseguira, no seu momento, paralizar a intención dunha empresa asturiana, con beizón oficial, de chantar unha fábrica de cemento no mesmo estreito de Rande, nun recanto de privilexio a pé da enseada de San Simón que no pasado fora utilizado para embarcar mineral.
Paralizado aquel proxecto, non sen pouco esforzo, chegaba, en outubro do ano pasado, a noticia dunha nova ameaza para o lugar en forma de proxecto da Autoridade Portuaria de Vigo. O Porto iniciou as obras para o vertido de formigón nos predios en cuestión, e proxecta, nunha segunda fase, realizar un recheo. O obxectivo é converter a zona nunha nova área de almacenaxe de contedores que complemente as que a institución xa xestiona, creando outra zona de atraque para os buques que transportan estes bloques.
Porén, para a Plataforma en Defensa da Enseada de San Simón, a construción desta macro-plataforma devastaría un dos lugares máis emblemáticos da ría viguesa, punto de referencia da histórica batalla de Rande e xacemento arqueolóxico da flota afundida naquela altura. Alén da afectación que a formigonada tería para o medio mariño e as súas especies, xa que a enseada de San Simón é o enclave é fundamental como niño biolóxico para o desenvolvemento da riqueza pesqueira e marisqueira da ría, declarado pola Xunta como zona de protección en 2002. Por todos eses motivos, segundo a plataforma, os únicos aproveitamentos económicos que deben permitirse na zona son os tradicionais da pesca, marisqueo, cultivos pesqueiros e do mexillón, segundo se desprende da directiva europea de Hábitat. Ler máis.
Vieiros
Etiqueta:
Medio Ambiente,
Redondela
1/07/09
Puntos extra
Ao redor de 21 millóns de condutores non perderon ningún punto desde que empezou a funcionar o novo carné de conducir o 1 de xullo de 2006. A partir do próximo mércores, todos eses condutores recibirán como premio dous puntos extra, tal e como se contemplaba na lei que regula o carné por puntos.
Así, a lei establece que cada tres anos os condutores que non cometan ningunha infracción que conlleve retirada de puntos serán recompensados con 2 puntos de máis no seu carné, sendo xullo de 2009 a primeira vez que Tráfico "reparta" puntos por este sistema.
O número máximo de puntos que un condutor pode obter é 15, polo que un condutor que consiga 14 puntos agora, e permaneza sen perder ningún punto ata xullo de 2012, será recompensando cun só punto en lugar de tres, ao conseguir alcanzar o tope máximo de puntos. Ler máis.
20 minutos
Etiqueta:
Na Rede
30/06/09
A Lista Robinson
Abrir o correo electrónico e darse de conta que as doce mensaxes que tes na túa bandexa de entrada son publicidade de servizos de empresas que non solicitaches, non só é un gran chasco senón que tamén viola os dereitos dos consumidores. Se estás farto de recibir sms, mms, correos electrónicos e chamadas ao fixo e ao móbil de empresas coas que non tes ningunha relación que queren venderche cousas que non necesitas, apunta esta web: www.listarobinson.es.
Unha lista Robinson é un ficheiro de exclusión publicitaria. Os consumidores que se apuntan a estas listas fano para deixar constancia de xeito expreso que non queren recibir publicidade das campañas que poñen en marcha certas empresas. Desde abril de 2008, segundo recolle a Lei de Protección de Datos, as empresas están obrigadas a consultar estas listas para cerciorarse de que os usuarios non teñen ningunha obxección en recibir publicidade. O problema é que en España a única lista Robinson que existía era só de correo postal. Ata agora. Hoxe, a Federación de Comercio Electrónico e Marketing Directo (FECEMD) e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) presentaron unha para servizos de teléfono e Internet. Ler máis.
Irreverendos
Soitu
Etiqueta:
Na Rede
